Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumenta o número de usuarios nos ximnasios no primeiro luns de setembro

Aumenta o número de usuarios nos ximnasios no primeiro luns de setembro

Á volta do verán son moitos os que empezan a suar, algúns para perder eses quilos de máis que foron gañando e outros para recuperar o tempo perdido

G24.gal 05/09/2022 14:21 Última actualización 05/09/2022 17:48

Primeiro luns de setembro e aumenta o número de usuarios nos ximnasios, porque aquí a súa referencia tamén é o ano escolar.

"A xente deixa os hábitos do verán e poñémonos en modo outono, no que facemos a nosa axenda" comenta o xerente dun deles.

Á volta do verán son moitos os que empezan a suar... algúns para perder eses quilos de máis que foron gañando e outros para recuperar o tempo perdido.

Pero para render coma antes, o corpo tamén necesita ir adaptándose pouco a pouco: "Hai que facer un traballo progresivo, tanto cardiovascular coma de forza", é o consello que da un monitor

Porque esta tamén é a clave para que a visita ao ximnasio se converta nunha rutina e así coidar do corpo durante os 365 días do ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade