Os pacientes deixaron de asistir a preto de 640.000 citas de Atención Primaria no 2023
Os pacientes deixaron de asistir a preto de 640.000 citas de Atención Primaria no 2023
Dende o Sergas fan un chamamento á responsabilidade e ao uso axeitado
Só o ano pasado foron case 640.000 as citas ás que non se presentaron os pacientes. Nótano nas consultas dos centros de saúde, José Luis Álvarez Muíño, xefe de servizo centro de saúde A Cuña (Ourense), explica que "en xeral, o 5 % das persoas non acoden ás citas previstas, e iso representa un problema importante".
Os motivos destas ausencias poden ser diversos. Hai pacientes que apuntan que os tempos de espera son longos para conseguir unha cita, e acaban acudindo a urxencias ou xa non presentan síntomas.
Dende o Sergas fan un chamamento á responsabilidade e ao uso axeitado. "Atrásanse consultas e pérdense horas de traballo. Deberiamos acudir aos centros de saúde cando é preciso", insiste Álvarez
En España, cada ano, son uns 11 millóns de citas as que se perden por absentismo dos pacientes na Atención Primaria.