O anuncio da lotaría do Nadal recórdanos a importancia da familia
O anuncio da lotaría do Nadal recórdanos a importancia da familia
"Non hai maior sorte que a de ternos"
Un ano máis, chega o anuncio da lotaría do Nadal para recordar que xa vai sendo hora de ir comprar os décimos pero, como di o presidente de Lotarías e Apostas do Estado, Jesús Huerta: "Non é só unha campaña publicitaria". O anuncio emitirase esta noite en televisión.
O anuncio nárranos algo que, desgraciadamente, pasa con frecuencia: o esquecemento das persoas máis próximas a nós como consecuencia do ritmo frenético ao que nos envolve a vida. Mais nunca é tarde para darlle aos nosos o que merecen. Esa é a mensaxe dunha campaña que custou o mesmo que o pasado ano, 750.000 euros.
"Non hai maior sorte que a de ternos", pero sempre está ben unha axuda. Por iso, o venres 22 de decembro, os nenos de San Idelfonso repartirán aínda máis sorte, sendo os encargados de sacar os números gañadores dos premios. O Gordo repite a cantidade de 4 millóns de euros á serie; o segundo premio, 1.250.000 á serie, e o terceiro premio, 500.000 euros á serie.
Ademais, Jesús Huerta confirmou que polo momento as vendas son máis elevadas en comparación as do 2022 e normalmente entre o 80 % e o 75 % das ventas prodúcese no último mes.
Puxéronse á venta 185 millóns de décimos e a emisión ascende a 3.700 millóns, dos que se repartirán un total de 2.590 millóns de euros en premios.