Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Anxo Carro acolle o Lugo-Deportivo, primeiro derbi da temporada na 1.ª RFEF

O Anxo Carro acolle o Lugo-Deportivo, primeiro derbi da temporada na 1.ª RFEF

O Celta Fortuna abre a xornada recibindo o Tarazona en Balaídos

O Anxo Carro vai presentar un ambiente de gala no derbi

O Arenteiro estréase mañá no Espiñedo contra a S. D. Logroñés

G24.gal 02/09/2023 13:19

Segunda xornada de liga e xa temos o primeiro gran derbi galego na Primeira Federación. Esta noite, no Anxo Carro, enfróntanse o Lugo e o Deportivo. Tras apurar o mercado e anunciar os últimos reforzos, os dous equipos afrontan un partido ilusionante e no que se vai vivir o ambiente das grandes ocasións.

O Lugo venceu, non sen dificultades, na primeira xornada ante o Teruel, e para esta noite Munitis quixo trasladar toda a presión o seu rival.

O Deportivo quere despexar dúbidas logo do empate sen goles ante o Raio Majadahonda hai unha semana. Os branquiazuis intentarán afinar a puntería para este primeiro compromiso lonxe de Riazor. Todo un desafío para un equipo que hai tempo que ten problemas como visitante.

Tamén esta noite xoga o Celta Fortuna, que recibe en Balaídos ao Tarazona. O filial celeste estreouse con derrota en Ponferrada, pero non deu, nin moito menos, unha mala imaxe. 

Para mañá domingo queda o Arenteiro-Logroñés na que será a agardada estrea dos do Carballiño no Espiñedo nesta ilusionante temporada na Primeira Federación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar