Publicador de contidos
Publicador de contidos

“O anxo que nunca fun”, unha terapia contra o desarraigamento

“O anxo que nunca fun”, unha terapia contra o desarraigamento

Manuel Outumuro revisa a influencia dos recordos da infancia na súa obra

O fotógrafo inaugura no Centro Marcos Valcárcel O anxo que nunca fun

As casas da Merca acollen as imaxes de Mulleres doutros mundos

Manuel Outumuro. Esquerda: 'O anxo que nunca fun'. A Merca, Ourense, 2024. Dereita: Martina Klein para Amaya Arzuaga. Castelldefels, Barcelona, 1994
G24.gal 18/09/2024 14:11

É a primeira exposición na que Manuel Outumuro se implica persoalmente. O premiado fotógrafo inaugura en Ourense a exposición O anxo que nunca fun.

13 fotografías acompañadas de relatos persoais, que ilustran a influencia da infancia no arquivo do autor, imaxes dende o ano 1993 ata a actualidade que indagan no substrato das orixes e na influencia visual que Galicia exerceu na realización do seu traballo.

O autor do cartel desta edición do OUFF presenta paralelamente o sábado día 20 nas casas da Merca a mostra de fotografías de gran formato Mulleres doutros mundos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade