Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Arde Lucus encherá de festa esta fin de semana a cidade da muralla

O Arde Lucus encherá de festa esta fin de semana a cidade da muralla

Este ano estrea o seu flamante título de celebración de interese turístico internacional

G24.gal 23/06/2023 20:23

A cidade de Lugo vivirá esta fin de semana inmersa no seu pasado romano.

A vixésimo segunda edición do Arde Lucus estrea este ano o seu flamante título como celebración de interese turístico internacional.

O Arde Lucus volverá ofrecer aos visitantes, como nos anos previos, unha coidada recreación do pasado romano da cidade, grazas á colaboración dunha vintena de asociacións.

Ademais, nesta ocasión, incorpora a experiencia Ars Cvlinarivm, que busca mergullar os lucenses e visitantes “na arte culinaria da antiga Roma”.

Os concertos de Céltiga Pipes Rock e Fillas de Cassandra “caldearán as noites de sábado e domingo”.

Ademais, tamén aumentan nesta edición as actividades dedicadas aos máis pequenos, cunha maior oferta de lecer infantil.

Do impacto económico desta festa dan boa conta as cifras de ocupación hostaleira que, segundo datos facilitados pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, rozará o 100 % este sábado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade