O Atlético ten que empregarse a fondo para sacar o Arenteiro da Copa (1-3)
O Atlético ten que empregarse a fondo para sacar o Arenteiro da Copa (1-3)
Marcos Alonso adiantou os do Carballiño e Carrasco empatou de penalti
Diego García paroulle outra pena máxima a Morata pero Barrios sentenciou no 75
Durante moitos minutos o Arenteiro soñou con seguir coa fazaña copeita. Tratou de ti a ti o Atlético de Madrid, conseguiu adiantarse no marcador e nunca lle perdeu a cara á eliminatoria (1-2). Un final digno dunha traxectoria brillante.
Simeone dispuxo dun equipo que podería participar en calquera partido de Liga, pero atopouse coa garra do equipo do Carballiño. Nos últimos cinco minutos da primeira parte chegaron os tantos. Adiantouse o Arenteiro co gol de Marcos Alonso e co delirio en Espiñedo. O Atlético reaccionou decontado grazas a unha decisión arbitral cun penalti de Pol Bueso a Savic. Transformouno Carrasco que puxo a igualada no 44.
El Arenteiro sorprende al Atleti. Markitos. #LaCopaMola pic.twitter.com/dgTK64vG3R
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) December 22, 2022
A segunda metade empezou con outro penalti asubiado por González Fuertes, un dos grandes protagonistas do partido. O Atlético cambiou de lanzador e Diego García cazoulle o lanzamento a un desafortunado Morata.
El muro del @CD_Arenteiro.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) December 22, 2022
Diego García atajó el penalti lanzado por Morata. #LaCasadelFútbol #LaCopaMola pic.twitter.com/QItkGqYMsM
Cando faltaba un cuarto de hora, o canteirán atlético Pablo Barrios foi o que marcou o segundo gol do seu equipo. O Arenteiro botouse arriba e tentou marcar o gol do empate. O que chegou foi o terceiro e definitivo gol de Carrasco (1-3). Espiñedo viviu unha festa diante dun Atlético que presentou un equipo con seis mundialistas.
Canterano al rescate.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) December 22, 2022
Pablo Barrios saco el látigo para dar ventaja al Atleti. #LaCasadelFútbol #LaCopaMola pic.twitter.com/uftpAhkRkr