O Arenteiro esquécese da Copa en Salamanca
O Arenteiro esquécese da Copa en Salamanca
Os de Javi Rey marchan goleados e pechan a tempada
O Arenteiro visitou Salamanca coa esperanza de conseguir unha soñada clasificación para a Copa do Rei da vindeira tempada. O partido comezou igualado, con ambos equipos gardando as súas cartas e sen mostrarse ataque. Non obstante, o guión non foi o idóneo cando, intres antes do final do descanso, Slavy marcaba un gol que trastornaba os plans visitantes. O Arenteiro enfilaba os túneles de vestiarios co partido por remontar.
A segunda metade tería de todo menos boas novas para os de Javi Rey. Primeiro foi Losada no 52 que ampliou a vantaxe e deixou ao Arenteiro noqueado. Os visitantes fixeron un aceno de ir polo partido, pero non foron quen e diluíuse aos poucos minutos. Máis adiante chegaría o terceiro local no 78 liquidando por completo as opcións do Arenteiro de entrar na Copa. Tripla de goles e o Arenteiro non daba sinais de vida como para levantar o partido mediante a épica. Finalmente, caería o cuarto cara ao final do encontro e o resultado sería maior do agardado.
O resultado do seu último partido non fai xustiza á tempada do Arenteiro, que cumpriu con creces todos os seus obxectivos. Malia non terse clasificado para a sempre fermosa Copa, os ourensáns marchan coa cabeza alta polo curso realizado.