O Arenteiro gaña un accidentado derbi das Eiroas (2-3)
O Arenteiro gaña un accidentado derbi das Eiroas (2-3)
Unha apagada no campo suspendeu o partido durante 15 minutos
O Arenteiro loitou por conservar o liderado que leva defendendo toda a tempada
O encontro entre o Bergantiños e o Arenteiro (2-3) estivo verdadeiramente igualado. No primeiro tempo a agrupación ourensá encaixaba dous goles, un de Markitos no minuto 25 e, de seguido, outro de Antón Escobar que ampliaba a diferenza do marcador no minuto 27 (0-2). Non obstante, tamén o Bergantiños pelexou ata conseguir o seu primeiro gol, o de Garrido no minuto 32 (1-2).
Xusto despois dese gol, unha apagada no campo obrigou a suspender o partido durante 15 minutos.
O segundo tempo estivo tan nivelado coma o primeiro, pero a vitoria foi finalmente para o Arenteiro. Foi Antón Escobar quen marcou o terceiro gol do equipo no minuto 48. Foi este o gol o que lles deu á vitoria, pois pouco tempo despois o Bergantiños acurtou diferenzas e deixou o marcador 2-3.
O Arenteiro queda despois desta vitoria con 42 puntos na clasificación, amplía a oito a diferenza respecto ao segundo. Pola súa parte, o Bergantiños ocupa posto de descenso.