Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Arenteiro quere empezar o ano dando a sorpresa en Ponferrada

O Arenteiro quere empezar o ano dando a sorpresa en Ponferrada

Javi Rey: “O equipo necesitaba descanso e esta parada veunos moi ben"

G24.gal 03/01/2024 15:54 Última actualización 03/01/2024 15:59

O Arenteiro regresa á competición ligueira despois do parón do Nadal visitando o complicado campo dunha Ponferradina que pelexa polo ascenso Logo do parón do Nadal.

O Arenteiro faino xogando esta tarde, desde a sete, no Municipal O Toralín, visitando á Ponferradina, terceiro clasificado e un dos firmes candidatos a pelexar o ascenso a Segunda División.

Chega o Arenteiro coas pilas cargadas e a cabeza despexada, nunha liga sumamente esixente que lles tiña, antes do parón, esgotados. Quizá por iso perderon os dous últimos partido, en Majadahonda e en casa ante o Deportivo, algo que facía moito tempo que non pasaba.

O técnico Javi Rey, que xa o recoñeceu antes de irse de vacacións, reafirmouno á volta.

“O equipo necesitaba descanso e este parón veunos moi ben. A volta foi moi boa, todos chegaron perfectos e con moita energia, case diría que mellor do esperado”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos