Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Arenteiro saca un punto da súa visita a Teruel (0-0)

O Arenteiro saca un punto da súa visita a Teruel (0-0)

Foto: @TeruelCd
G24.gal 07/10/2023 21:10

O Arenteiro segue sumando nesta primeira aventura na Primeira Federación. Unha nova categoría na que está a competir de xeito brillante. Os de Javi Rey sacaron un empate da visita a Teruel, diante dun rival ao que mantén por debaixo na clasificación, nos postos de descenso.

O equipo ourensán buscaba a primeira vitoria lonxe de Espiñedo, pero acabou conformándose cun punto logo dunha primeira metade de máis dominio, e de sufrir na segunda. Aí tivo que aparecer Diego García nun par de ocasións para manter o cero na súa portería. 

Coa igualada final, o Arenteiro suma seis puntos en sete xornadas, e queda pendente do resto de resultados da xornada, que o poderían meter nos postos de descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar