Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Arenteiro xoga esta tarde en Alzira a final da Copa Federación

O Arenteiro xoga esta tarde en Alzira a final da Copa Federación

O partido verase en directo pola G2 e G24 o mércores ás 19:30

O equipo de Fran Justo chega nun gran momento despois de sumar 18 partidos consecutivos sen coñecer a derrota

Só tres equipos galegos, C. D. Ourense, Pontevedra e Celta B, lograron o galardón

G24.gal 31/10/2022 20:22 Última actualización 02/11/2022 13:12

Na Segunda Federación, o Arenteiro pecha un mes de outubro sobresaínte que vai querer completar o mércores na final da Copa Federación.

O mércores queren redondear un inicio de temporada que está a ser histórico. Afrontan ante o Alzira, tamén da Segunda RFEF, a final da Copa Federación. Un título oficial, a coñecida como Copa oficiosa do fútbol modesto.

Os do Carballiño tiveron que facer un desprazamento de máis de dez horas en autobús, pero van coa mochila cargada de ilusión para traer á vila o trofeo para Galicia. Só o Celta B, o Pontevedra e o C. D. Ourense (estes dous equipos en dúas ocasións) ergueron o galardón. 

O encontro, que se xogará no campo Luis Suñer, verémolo o mércores en directo pola G2 e G24 a partir das 19:30 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos