Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Arenteiro volve á senda da vitoria

O Arenteiro volve á senda da vitoria

Un golazo de Luís Chacón e outro do debutante Álex Cordero permiten aos de Javi Rey sumar tres puntos

G24.gal 13/01/2024 19:53

No Carbilliño querían volver á senda da vitoria. Despois de tres derrotas consecutivas, a necesidade dos tres puntos acrecentábase. Emerxeu Luís Chacón para facelo todo máis doado. Cedeulle o balón ao Barça Athlétic, que tamén gozou das súas oportunidades. Pero no minuto 39 Chacón recibiu o balón de Miku afastado da frontal da área. Aínda así, non o pensou. Co interior do pé puxo o balón no ángulo da portería do filial do Barça. Un auténtico golazo.

Pibe tamén estivo moi activo no partido e tentou, en varias ocasións, abrir a súa conta particular. Pero non foi ata o 75' cando chegou a tranquilidade. Álex Cordero entrara pollo propio Pibe no minuto 75, debutando cos do Carballiño. Só catro minutos máis tarde, abriría a súa conta goleadora. Do que era un pelotazo, Chacón fixo maxia. Domou o balón cun sutil toque e atopou a Iván Ramos no desmarque. Este último serviu ao punto de penalti onde se atopaba Álex que, con moita tranquilidade, controlou e definíu facendo o 2-0.

Vitoria de mérito ante un rival minguado polas baixas. Xogadores habituais atópanse en Arabia axudando ao primeiro equipo. O Arenteiro acércase aos postos de promoción, está a 4 puntos. Por isto mesmo, afástase dos de descenso, deixándoo a 7 puntos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade