O arousán Martín Rey acada o bronce no Campionato de España de ciclismo sub-23
O arousán Martín Rey acada o bronce no Campionato de España de ciclismo sub-23
O último podio dun corredor galego fora en 2006, cando o acadara Serafín Martínez
O ciclista vilagarcián do Padronés-Cortizo Martín Rey conseguiu a medalla de bronce na proba sub-23 do Campionato de España de ciclismo en ruta. Xa pasaran dezaoito anos desde o último metal da delegación galega nunha proba destas características. O último en acadalo fora Serafín Martínez alá polo ano 2006.
Martín Rey non estaba na escapada do día na que sí se atopaban outros tres ciclistas da delegación galega (Manuel Rodríguez, Alejandro Paz e Miguel Rodríguez). Martín Rey chegou desde un segundo grupo e foi progresando ata a cabeza de carreira.
Hugo de la Calle, que saltou no mesmo grupo que Martín Rey, foi o máis forte na última volta seguido de preto por César Pérez. En terceiro lugar chegou o galego que acadou un merecido premio a unha gran carreira.