O arqueólogo galego Felipe Criado-Boado recibe o Premio Nacional de Investigación en Humanidades
O arqueólogo galego Felipe Criado-Boado recibe o Premio Nacional de Investigación en Humanidades
Na cerimonia de entrega, o rei destacou a importancia de investir en ciencia
O arqueólogo compostelán Felipe Criado Boado recibiu de mans dos reis o Premio Nacional de Investigación en Humanidades. O galardón que outorga o Ministerio de Ciencia, dotado con 30.000 euros, recoñece o labor investigador e docente de Criado, director do Instituto de Ciencias do Patrimonio.
Na entrega destes premios, celebrada en Gandía, Filipe VI destacou a importancia da investigación científica: "É necesario reiterar que investir en ciencia é investir en futuro. Podemos sentirnos moi orgullosos, aínda sen conformarnos, de todo o conseguido polo noso país, grazas tanto ao esforzo persoal dos nosos grandes homes e mulleres de ciencia e os seus equipos, como ao esforzo colectivo".