Publicador de contidos
Publicador de contidos

O auxe dunha conserveira promovida por mulleres e premiada pola súa innovación

O auxe dunha conserveira promovida por mulleres e premiada pola súa innovación

 Elaboran de xeito artesanal, en Xove, produtos do mar coma o bonito ou o polbo

Félix Aragunde 07/02/2024 21:09 Última actualización 07/02/2024 21:16

As súas conservas figuran entre as mellores do mundo. Son as que se elaboran en Xove en Curricán, unha conserveira nacida en plena crise e promovida por mulleres que residen na propia contorna.

Unha década despois, a aposta pola xeración de riqueza con produtos do mar encheu de premios o seu palmarés.

Nieves Medina, socia fundadora de Conservas Curricán: "Se cadra o máis importante sexa o premio á excelencia e á innovación de mulleres rurais do sector da pesca, por facer as cousas como sempre se fixeron. Innovamos recuperando as artes de conserva de toda a vida".

O bonito da costeira prepárase en aceite, en escabeche ou en salsa de tomate. Pero tamén innovaron, cociñándoo en auga de mar. O polbo con fabas de Lourenzá ou as luras na súa tinta son outras das case 30 referencias que elaboran na que é a cociña dun restaurante onde os pratos se preservan en tarros de cristal.

Nieves Medina, socia fundadora de Conservas Curricán: "Cocíñase coma na casa, realmente. As salsas facémolas nós. A de tomate pasámola por un coador de purés. Grande, pero un coador. E intentamos que teña todo o sabor caseiro, que é do que se trata".

Ademais de acumular premios pola excelencia e pola innovación dos seus produtos, esta conserveira mariñá dálles emprego a media ducia de mulleres da zona e pon en valor a gastronomía propia da costa galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos