Publicador de contidos
Publicador de contidos

O balón parado deixa o Celta sen premio nun partido en que mereceu máis

O balón parado deixa o Celta sen premio nun partido en que mereceu máis

0-1 en Balaídos. Un gol de Bellingham permitiulle ao Madrid levar os tres puntos.

O árbitro anulou un gol do Celta que parecía legal e o Madrid errou un penalti

G24.gal 25/08/2023 23:32 Última actualización 26/08/2023 00:03

O Celta disputaba o seu primeiro encontro como club centenario e a grada sería unha festa berrando o novo himno 'Oliveira dos cen anos'.

Os vigueses comezaban apertando e nun córner rexeitado por Kepa, Beltrán golpearía coa esquerda dende fóra da área, Larsen desviaría o disparo e o balón remataría na rede. O VAR chamaría a Isidro Díaz de Mera que anularía o tanto por unha dubidosa falta previa do noruegués sobre o gardarredes vasco.

O Madrid daría un paso adiante, mais o equipo de Benítez sería un bloque moi sólido e tería ocasións para abrir o marcador, resaltando un remate fóra de Mingueza no segundo pau.

A segunda metade continuaría na mesma tónica ata que o colexiado decretaría penalti nunha xogada na que Rodrygo canearía a un Iván Villar que primeiro tocaría o balón coa luva e despois derrubaría o brasileiro. Penalti moi dubidoso que o VAR non anularía.

O Celta apenas sufría, pero volveu aparecer un mal dos derradeiros anos: o balón parado.

Kroos sacou un córner, Joselu peiteou no primeiro pau e Bellingham venceulle a posición a Aidoo e alongou o seu idilio co gol para tirar por terra todo o traballo celeste e alongar o triunfal inicio ligueiro dos brancos.

Remataba o encontro cunha derrota inxusta dos vigueses e coa polémica de como sería o partido se non anulasen o tanto de Larsen.

O centrocampista británico do Real Madrid Jude Bellingham festexa o seu gol O centrocampista británico do Real Madrid Jude Bellingham festexa o seu gol
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade