Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Balonmán Cangas perde na pista do Puente Genil (29-27)

O Balonmán Cangas perde na pista do Puente Genil (29-27)

Os cangueses foron de máis a menos e acabaron cedendo no treito final

Foto: Estefanía Hernández
G24.gal 05/02/2023 11:47

O Frigoríficos do Morrazo perdeu na súa visita ao Puente Genil por 29 a 27. Os cangueses dominaron o partido durante o primeiro tempo, no que foron sempre por diante no marcador. Ao tempo de lecer chegouse cun 14 a 16 a prol dos galegos.

Pero na segunda metade os locais reaccionaron e o encontro chegou co marcador igualado aos últimos minutos. A defensa do Puente Genil foi chave nas últimas accións. O Cangas, no que Varela foi o máximo anotador con cinco goles, queda con dez puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade