Cargando resultados...
O bar que se compara cunha cidade, falando de luces de Nadal
O bar que se compara cunha cidade, falando de luces de Nadal
Din neste local da Pobra do Caramiñal que, mirando por metro cadrado, teñen máis luces ca Vigo
G24.gal
26/12/2022 21:27
Última actualización 26/12/2022 21:41
Un bar que se compara cunha cidade, polo menos no que a luces de Nadal se refire.
A cidade, xa imaxinan vostedes cal é. E ese bar tan iluminado está na Pobra do Caramiñal. Chámase La Embajada.
"Se miramos por metro cadrado, temos máis luces ca Vigo. Temos máis de 7.000 luces en 35 metros cadrados".
Están sorprendidos da repercusión que tivo a súa iniciativa, e apuntan que non deixa de vir xente de fóra para facer autofotos.