O Barcelona e o Atlético, obrigados a superar a fase de grupos da Champions
Os dous equipos da liga española fracasaron de xeito estrepitoso a temporada pasada ao seren eliminados ás primeiras de cambio
Este martes arranca a fase de grupos da Liga de Campións, e o Barcelona comeza a máxima competición europea ante o Amberes no Estadio Olímpico. Tras o adestramento deste luns, Xavi deu a coñecer a primeira convocatoria, en que non entrou Araújo por lesión.
O adestrador blaugrana cre que esta temporada ten un cadro de xogadores para competir a bo nivel en Europa, pero polo de agora só marca un obxectivo: chegar a oitavos de final.
Tamén se estrea mañá na Champions o Atlético de Madrid. Os de Simeone xa están en Roma, onde xogarán mañá ante a Lazio. Con varios xogadores na enfermería, Simeone só convocou para o primeiro duelo desta fase de grupos 17 xogadores do primeiro equipo. Completan a convocatoria os futbolistas da canteira Sergio Guerrero, Salim, Kostis e Gomis.