O Barcelona, goleado de novo polo Bayern, fóra da Champions
Os azulgrás, ao igual que o Sevilla, condenados a xogar a liga Europa
Aprazado o Atalanta-Vilarreal por unha nevada sobre Bérgamo

O Bayern de Múnic impúxose por 3-0 ao Barcelona con goles de Thomas Müller, Leroy Sané e Jamal Musiala, e apeou da liga de Campións os azulgrás, que deberán conformarse con disputar a liga Europa.
O Sevilla cae en Salzburgo e despídese da Liga de Campións
O Sevilla perdeu no Red Bull Arena ante o Salzburgo (1-0) e caeu eliminado da Liga de Campións, na que avanza o conxunto austríaco, mentres o representante español, que acabou con dez, xogará a liga Europa.
O choque, igualado na primeira parte, desequilibrouse ao comezo da segunda parte co tanto de Noah Okafor. A situación empeorou para o Sevilla no minuto 64 cando Joan Jordan viu a segunda tarxeta amarela e foi expulsado.
O Sevilla termina terceiro do seu grupo e disputará a liga Europa.
Aprazado o Atalanta-Vilarreal por unha nevada sobre Bérgamo
O partido entre foi aprazado este mércores por mor da intensa nevada caída en Bérgamo. A megafonía do Gewiss Stadium confirmou cunha mensaxe o aprazamento do encontro, que se tentará disputar este xoves, se as condicións o permiten.
A xornada completouse cos seguintes resultados:
Juventus 1 - Malmö 0
Zenit 3- Chelsea 3
M. United 1 - Young Boys 1
Benfica 2 - Dinamo de Kiev 0
Wolfsburg 1 Lille 3
Como primeiros de grupo pasan a oitavos: Juventus, Lille, M. United e Bayern Munich
Como segundos de grupo pasan a oitavos: Chelsea, Salzburgo e Benfica