O Barcelona volve a uns cuartos da Champions despois de catro temporadas
O Barcelona volve a uns cuartos da Champions despois de catro temporadas
Derrotou o Nápoles por 3-1 (4-2 no global da eliminatoria)
O Barcelona volve a uns cuartos da Liga de Campións. Non o facía desde o ano da pandemia, cando recibira unha das meirandes humillacións da súa historia contra o Bayern (2-8). Derrotou por 3-1 o Nápoles italiano no partido de volta (4-2 no global da eliminatoria).
Foi un pase con sufrimento, malia que parecía ter moi encamiñado o partido cando aos 17 minutos xa gañaba por 2-0 cos tantos de Fermín e de João Cancelo.
💨𝐋𝐚𝐦𝐢𝐧𝐞 𝐘𝐚𝐦𝐚𝐥 dirige la estampida.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) March 12, 2024
✨𝐉𝐨𝐚𝐨 𝐂𝐚𝐧𝐜𝐞𝐥𝐨 pone la guinda.
🔥El Barça pasa el rodillo. #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/PRuBQ3H8Sr
Pero o Nápoles recortou diferenzas no primeiro tempo grazas a un gol de Rrahmani e púxolle as cousas moi difíciles ao equipo de Xavi Hernández. Os italianos estaban a un gol de forzar a prórroga e o Barça desperdiciou moitas oportunidades para sentenciar o partido. Lamine, Raphinha ou Gundogan gozaron de moi boas ocasións, aínda que Lindstrom tamén rematou pegado ao poste na máis clara de todo o segundo tempo.
A cinco minutos do final apareceu Lewandowski para empurrar o gol que pechaba a eliminatoria e que deixa o Barcelona entre os oito mellores da Liga de Campións.