Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Baxi agarda unha festa na Malata para celebrar a clasificación europea

O Baxi agarda unha festa na Malata para celebrar a clasificación europea

O cadro ferrolán sentenciou a eliminatoria ante o Battipaglia italiano no partido de ida (47-89)

G24.gal 25/09/2024 20:11

O Baxi Ferrol afronta este xoves (20:00 horas, A Malata) o partido de volta da eliminatoria previa da Eurocup Feminina. O partido será unha festa para a afección, que poderá celebrar a clasificación para a fase de grupos logo de que as xogadoras de Lino López sentenciasen na ida (47-89). 

Recuperar os 42 puntos que sacou de vantaxe é unha tarefa case imposible para o equipo do Battipaglia, que exercerá de visitante, pero o adestrador quere manter a liña do partido de ida e seguir ofrecendo un bo nivel de xogo. Unha proba máis de cara ao inminente comezo da competición ligueira. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos