Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Baxi Ferrol, disposto a dar a sorpresa na Copa da Raíña

O Baxi Ferrol, disposto a dar a sorpresa na Copa da Raíña

Claudia Soriano: "A realidade é que medramos. Somos mellores que a principio de temporada"

Xoga a venres contra o Zaragoza, as actuais campioas

G24.gal 19/03/2024 15:55 Última actualización 19/03/2024 16:02

Chega a Copa da Raíña para o Baxi Ferrol. Un premio pola gran temporada que están asinando as xogadoras que dirixe Lino López. O Baxi Ferrol ocupa a sexta praza na liga feminina e agora, sen presión, tentará soñar con facer algo grande nesta Copa que se disputa en Huelva, e onde están os oito mellores equipos da liga regular.

O primeiro rival, en cuartos, será o Zaragoza, terceiro clasificado. O Baxi está disposto a dar a sorpresa.

Ángela Mataix: "Competir, desfrutar e intentar dar a sorpresa".

O Baxi é un equipo que non para de mellorar.

Claudia Soriano: "A realidade é que medramos. Somos mellores que a principio de temporada".

Un desafío para o Baxi. Xoga a venres contra as actuais campioas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade