Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Baxi Ferrol entra na fase de grupos da Eurocup pola porta grande

O Baxi Ferrol entra na fase de grupos da Eurocup pola porta grande

Volveu derrotar o Battipaglia italiano por máis de corenta puntos de vantaxe (89-45)

G24.gal 26/09/2024 21:54

O Baxi Ferrol entrou pola porta grande na fase de grupos da Eurocup. Derrotou o Battipaglia italiano por máis de corenta puntos tanto na ida como na volta. No segundo partido, xogado na Malata o resultado foi de 89-45. 

Só tivo historia o partido durante os primeiros trece minutos. Ata aí aguantou o equipo italiano (23-23). O Baxi acabou o primeiro tempo cun parcial de 18-3 (41-26 ao descanso) que comezou a marcar diferenzas. 

No segundo tempo acabóuselle a forza ao equipo visitante, incapaz de superar a defensa tan forte que realizou o Baxi. O resultado da segunda metade fala ás claras (48-19) do que foi o partido, unha festa do conxunto ferrolán e das bancadas. Ata cinco xogadoras asinaron máis de 10 puntos nun triunfo no que Lino López puido repartir moito os minutos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos