O Baxi xoga boa parte das opcións na EuroCup na República Checa
O Baxi xoga boa parte das opcións na EuroCup na República Checa
O equipo ferrolán encara a segunda xornada da EuroCup diante do que pode ser o rival directo na pelexa por unha das dúas primeiras posicións
O partido verémolo na G2 e agalega.gal o mércores ás 17:00 horas
O Baxi Ferrol afronta a segunda xornada da EuroCup Women. Farao na República Checa diante do KP Tany Brno, un partido que pode ser determinante para a súa sorte. Logo de perder na primeira xornada contra o Galatasaray turco, o favorito para ocupar a primeira posición, sacar unha vitoria na pista do Brno resultaría fundamental de cara a ocupar un dos dous primeiros postos na fase de grupos. As checas conseguiron gañar en Portugal ao equipo das Azores e, de sumar a segunda vitoria, deixaría o grupo bastante decantado.
O encontro poderá verse en directo este mércores a partir das 17:00 horas na G2 e na APP agalega.gal.