Publicador de contidos
Publicador de contidos

O BCE ignora a tensión financeira e sobe os tipos nun 0,5%

O BCE ignora a tensión financeira e sobe os tipos nun 0,5%

O Consello de Goberno do BCE avisa de que está preparado para inxectar liquidez á banca se é necesario: "O sector bancario da zona euro é resistente"

A presidenta do BCE deixou aberta a porta a novas subidas dos tipos de xuro

Antón Montero 16/03/2023 14:18 Última actualización 16/03/2023 18:48

Alleo ás últimas sacudidas no sistema bancario, o Banco Central Europeo decidiu manter o rumbo previsto e seguir encarecendo o prezo do diñeiro. A suba de 50 puntos básicos é a sexta consecutiva e coloca a taxa de xuro na zona euro no 3,5%.

"Prevemos que a inflación permaneza demasiado alta durante demasiado tempo", xustificábase Christine Lagarde.

Con todo, cre que os prezos se van comportar mellor do previsto: o BCE calcula agora que a inflación media quedará este ano no 5,3%, un punto menos do que esperaban hai tres meses. Tamén eleva medio punto a súa previsión de crecemento económico.

Pero as crises do Silicon Valley Bank e, sobre todo, de Credit Suisse non pasaron desapercibidas: o BCE advirte que está atento ás tensións dos mercados e preparado para actuar.

Lagarde avisou que "a nosa caixa de ferramentas está equipada para prover de liquidez o sistema financeiro do euro en caso necesario".

Na decisión do BCE de actuar como se nada influíu tamén a decisión do Banco Nacional Suízo de rescatar o Credit Suisse cun empréstito de 54.000 millóns de euros. Os mercados aplaudírono, revalorizando as accións da entidade suíza en case un 25%.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade