Publicador de contidos
Publicador de contidos

O belén de Begonte pode visitarse de xeito presencial con cita previa

O belén de Begonte pode visitarse de xeito presencial con cita previa

Hai que concertar a visita en www.belendebegonte.es

Ten máis dun cento de figuras, moitas dotadas de movemento

G24.gal 04/12/2021 21:43

O belén electrónico de Begonte, que no 2020 foi virtual, xa se pode visitar ata a última fin de semana de xaneiro. Ademais, este ano é moi especial, porque cadra co 50 aniversario da súa creación.

Cumprindo coa tradición, o bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García, leu o pregón de inauguración do nacemento, un dos máis senlleiros de España. Acompañado do Orfeón Lucense e da banda Sons e Soños, reabriuse ao público.

Naceu hai 50 anos da man de José Domínguez e José Rodríguez, e deu o seu gran salto no 77, cando multiplicou o número de figuras artesanais e a súa singularidade. Ten máis dun cento, a metade dotadas de movemento, que enxalzan o valor do rural galego.

A vendima ou a tasca do liño teñen o seu espazo entre o Neno e os Reis Magos ou os pastores. O espírito do belén mantense cada ano, pero sempre hai novidades para seguir engaiolando a quen visita e repite.

Antes da pandemia, cada ano unhas 40.000 persoas se achegaban a Begonte para coñecer o belén. Obviamente, este ano as visitas teñen que ser concertadas a través da páxina www.belendebegonte.es.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar