Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Betis aposta por Iker Losada, que asinará nos vindeiros días

O Betis aposta por Iker Losada, que asinará nos vindeiros días

O xogador de Catoira irá a un equipo de Primeira logo de facer unha gran campaña no Rácing

G24.gal 23/06/2024 17:37

O Betis acadou un acordo para as vindeiras catro tempadas co centrocampista do Rácing de Ferrol Íker Losada. Pagará o 1'8 millóns de euros da cláusula do seu contrato. Iker Losada, de 22 anos e internacional coa selección española en categorías inferiores, formouse na canteira do Celta co que chegou a debutar en Primeira e a marcar un gol diante do Real Madrid. 

Logo de destacar na temporada 22-23 co filial celeste, chegou ao Rácing para debutar na Segunda División. O de Catoira realizou unha gran temporada na que marcou nove goles e deu sete asistencias. Varios equipos de Primeira preguntaron por el pero Xetafe e Betis foron os que fixeron máis forza. Losada decantouse pola oferta bética e convértese no segundo reforzo que a semana pasada asinou o lateral esquerdo francés Romain Perraud. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos