Publicador de contidos
Publicador de contidos

O bloqueo na venda de billetes Ourense-Madrid para Nadal podería deberse á chegada do AVE

O bloqueo na venda de billetes Ourense-Madrid para Nadal podería deberse á chegada do AVE

Coa chegada da alta velocidade aumentaranse a frecuencia e as prazas 

O traxecto Ourense-Madrid durará dúas horas e cuarto

G24.gal 15/11/2021 21:25

Renfe ten bloqueada a venda anticipada de billetes entre Ourense e Madrid para a semana de Nadal, unha das que máis movemento hai de pasaxeiros.

O bloqueo na venda de billetes é unha práctica habitual en Renfe cando vai haber algún cambio no servizo, polo que todo apunta a que esa semana de Nadal será cando chegue o AVE a Galicia.

Entraría polo tanto en funcionamento o último tramo que queda entre Pedralba de la Pradería, en Zamora, e Ourense.

Aínda non é oficial, pero o Goberno central comprometeuse a que o AVE chegaría en decembro e, se quere cumprir a súa palabra, de non ser na semana de Nadal quedaríalle unha máis, a de fin de ano.

O que si está confirmado é que, unha vez que chegue o AVE a Galicia, aumentarase a frecuencia de trens diarios, de seis a nove e dobrarase o número de prazas, ata as case 3.000. Reducirase tamén o tempo da viaxe: coa chegada da alta velocidade serán dúas horas e cuarto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade