O Bono Coidados no Fogar xa chega ás primeiras familias
O Bono Coidados no Fogar xa chega ás primeiras familias
Beneficiará con 5.000 euros 20.000 galegos
Os primeiros beneficiados do Bono Coidados no Fogar comezan o ano co ingreso da axuda que lles dá a Xunta. Son algo máis de catrocentos euros que se irán ampliando mes a mes ata o total, 5.000 euros ao ano. Entre eses primeiros benificiados hai unha familia de Rois.
É o caso de Flora, que vai para doce anos coidando na casa dos seus maiores. Ata agosto, en que morreu a súa nai con demencia, tiña tres ao seu cargo. Agora, son o seu pai e súa sogra os que precisan de atención continua.
Guillermo ten 88 anos e Isaura, 95. Non hai cartos que paguen a dedicación de Flora, pero recoñece que o Bono Coidados no Fogar facilitaralle as cousas.
"Gastos tes todos os días. Isto que lle dan é unha axuda".
Ao igual que esta familia de Rois, o novo Bono Coidados no Fogar beneficiará de xeito automático 20.000 galegos que xa tiñan a prestación pola libranza na contorna familiar.
Outra familia beneficiada polo Bono Coidados no Fogar: "A miña sogra xa cobrou este mes. Xa llo ingresaron".
O único requisito para recibir esta axuda é que estean recibindo coidados no seu domicilio por un familiar ou profesional e á marxe do grao de dependencia e da renda.