Publicador de contidos
Publicador de contidos

O bono enerxía para os peme incentiva a renovación de equipos para reducir custos

O bono enerxía para os peme incentiva a renovación de equipos para reducir custos

A Xuntan lanza estas axudas, dotadas con 4,2 millóns de euros

Están destinadas a autónomos e pequenos empresarios do sector servizos

G24.gal 12/02/2023 15:04 Última actualización 12/02/2023 15:30

O  bono de enerxía para os peme permite renovar os equipos e mellorar a eficiencia das instalacións. O obxectivo é reducir a factura enerxética. As axudas van destinadas a autónomos e pequenos empresarios do sector da hostalería, o comercio e os servizos. 

Neste negocio de Chantada a renovación de equipos con cargo ás axudas do ano pasado supuxeron un aforro do 32 % respecto ao consumo inicial.

A Xunta destina a esta axuda 4 millóns 200 mil euros, case o dobre que o ano pasado. Na práctica supoñen cubrir o 80 % dos custos ata un máximo de seis mil euros por negocio. As concesións fanse por orde de solicitude e como novidade este ano tamén se apoia o asesoramento enerxético.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade