Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Bono Social Térmico axudará a pagar as facturas enerxéticas de 66.400 fogares galegos

O Bono Social Térmico axudará a pagar as facturas enerxéticas de 66.400 fogares galegos

As contías oscilarán entre 228 e 473 euros e comezarán a cobrarse en abril

Os beneficiarios non terán que facer ningún trámite para recibir a axuda

Feijóo: "O Goberno actuou tarde, sen falar con ninguén, sen buscar consenso"

G24.gal 31/03/2022 14:56

O Goberno galego analizou o impacto da suba dos prezos na actividade económica e no peto dos cidadáns. O plan de choque aprobado no anterior Consello da Xunta prevé doce iniciativas para axudar as familias máis vulnerables, que dende hoxe se traducen no lanzamento do Bono Social Térmico e na posta en marcha dun complemento autonómico de 100 euros por familia. Unha axuda de emerxencia para pagar as facturas da enerxía para calefacción, cociña e auga quente.

O presidente da Xunta adiantou que "ao longo do mes de abril, uns 64.000 fogares galegos recibirán o importe do Bono Social Térmico máis o complemento autonómico de 100 euros por familia".

As contías totais oscilarán entre os 228 e os 473 euros, en función de varios criterios.

"Se a familia se considera consumidora vulnerable ou non vulnerable, e tamén en función da zona en que resida dentro da comunidade autónoma", explicou Feijóo.

Os fogares destinatarios destas axudas son os mesmos que xa teñen descontos na factura da luz grazas ao Bono Social Eléctrico. Non terán que facer ningún trámite e recibirán o ingreso na súa conta de maneira automática.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade