Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Brasil acode ás urnas nas eleccións máis polarizadas da súa historia

O Brasil acode ás urnas nas eleccións máis polarizadas da súa historia

As últimas sondaxes dan como claro vencedor o progresista Luiz Inácio Lula da Silva

G24.gal 02/10/2022 08:28 Última actualización 02/10/2022 10:22

O Brasil afronta este domingo unha xornada electoral que podería rematar con candidato vencedor, sen necesidade dunha segunda volta. 

As últimas sondaxes de intención de voto deixaron aberta a posibilidade de que o progresista Luiz Inácio Lula da Silva, con entre 50 % e 51 % dos votos, resulte vencedor nada máis se coñezan os resultados.

Segundo a enquisa do Instituto Ipec, publicada un día antes dos comicios máis polarizados na historia do país, o expresidente (2003-2010) conta co 51 % dos votos válidos (un punto menos ca o luns pasado) e o actual mandatario, Jair Bolsonaro, que aspira á reelección, o 37 % (subiu tres puntos).

A enquisa de Datafolha, pola súa banda, atribúelle ao dirixente socialista o 50 % dos votos válidos (sen variación con respecto á sondaxe anterior) e ao líder ultradereitista o 36 % (igualmente sen variación).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade