Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Breo presenta a súa campaña de abonos

O Breo presenta a súa campaña de abonos

O club lucense sobe os abonos un 5 % e crea o carné Apaixonado do Breo

G24.gal 26/06/2024 16:55

Dende o Río Breogán entenden que o esforzo que fan os patrocinadores para manter o equipo na Liga ACB debe ter a recompensa por parte dos afeccionados. O prazo para retirar o abono será do un de xullo ao catro de agosto, e quen queira reservar o abono terá ata o oito de setembro para retiralo.

Seguirá o espazo de animación no Pazo, e haberá un novo modelo de carné, o "Apaixonado do Breo", aqueles afeccionados que apenas poden acudir a ver os partidos contarán con varias vantaxes; poderán acudir a un partido na casa, manterán o carné, unha bufanda e un desconto do 50 % no despacho de entradas para todos os partidos. "Aquí seguimos en pé" é o slogan elixido polo Río Breogán para iniciar a campaña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos