Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Breogán afrontará a viaxe a Turquía cun ollo posto no decisivo partido do Granada

O Breogán afrontará a viaxe a Turquía cun ollo posto no decisivo partido do Granada

O mércores (18:30 na G2) afronta o primeiro dos partidos da eliminatoria contra o Pinar Karsiyaka

O equipo de Mrsic é consciente da importancia de reconducir o camiño na ACB e o partido do domingo diante do Granada semella vital

G24.gal 01/01/2024 22:37

O Breogán afronta este mércores (18:30 na G2 e web da CRTVG) o primeiro dos partidos da eliminatoria diante do Pinar Karsiyaka de Turquía. A serie terá encontro de volta en Lugo e, no caso de empate a unha vitoria, volvería a terras turcas para a resolución. 

O rival é un adversario temible. Ocupa a terceira posición no campionato turco só por detrás dos poderosísimos Anadolu Efes e o Fenerbahce, dous conxuntos referentes na Euroliga. Levan 10 vitorias e 4 derrotas e asumen o rol de favorito. 

O equipo galego mantén a ilusión de seguir pasando roldas nesta histórica participación europea pero este sobreesforzo está restando eficacia nunha ACB en que se atopan cunha situación complicada, en postos de descenso con só catro triunfos. 

Por iso encaran o partido sen perder de vista o decisivo partido do vindeiro domingo no Pazo diante do Granada, equipo que só lles saca unha vitoria e ao que poderían botar man en caso de acadar un triunfo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade