Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán apaña unha dura derrota en Málaga (100-66)

O Breogán apaña unha dura derrota en Málaga (100-66)

O equipo de Mrsic deixou soterradas as súas opcións de entrar na Copa

Foto: EFE
G24.gal 14/01/2023 21:23

Un Breogán irrecoñecible deixou enterradas gran parte das súas posibilidades de entrar na Copa fronte a un Unicaja que logrou a súa clasificación matemática logo dunha contundente vitoria por cen a sesenta e seis.

Os malagueños tomaron unha renda de doce puntos no primeiro cuarto, que aumentou a dezaseis coa que foron aso descanso, 53-27.

A frouxa defensa lucense, unida ao escaso acerto no tiro, con porcentaxes inferiores o corenta por cento, reflectiu unha valoración de 71-19 favorable aos andaluces ao remate da primeira metade.

As doce triplas anotadas por Unicaja, sete delas no segundo tempo, xunto aos 42 rebotes collidos, fixeron inútil o esforzo de Happ, xogador máis valioso do partido con quince puntos e dez capturas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade