Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Breogán e o Obradoiro buscan seguir enganchados á zona alta da ACB

O Breogán e o Obradoiro buscan seguir enganchados á zona alta da ACB

Os dous perderon na xornada intersemanal, pero mantéñense na loita pola oitava praza

G24.gal 22/04/2023 14:52

Á marxe do potencial e do nivel amosado polo Unicaja, o xoves o Río Breogán non tivo o su mellor partido. Evidenciouno Veljko Mrsic coa súa xestualidade e con esta advertencia: "Imos intentar mellorar, porque de seguir así atrás, imos sufrir moito ata o remate da Liga".

A cita de mañá non será máis doada. O Tenerife vive instalado entre os grandes da liga, na súa pista só cedeu co Real Madrid e o Barça e no Pazo, na primeira volta, fóora capaz de gañar por 25 puntos. Os galegos non contarán neste partido co tirador Toni Nakic, que nesta acción levou un forte golpe que lle provocou unha fisura nas costelas.

O Obradoiro xogará na casa logo da cara derrota en Baskonia. Toca cambio de chip. Chega a Santiago un Betis que protagoniza unha loita titánica pola permanencia. Os andaluces van a máis. A seis xornadas para a conclusión cada unha é unha final. "Se se repiten tanto igual xa non é sorpresa. Que perda o Barcelona, que gañe o Betis... todos xogamos moito, os partidos han ser a vida ou morte para todos", indicou Moncho Fernández na previa.

Moncho Fernández conta coa recuperación de Kassius Robertson para o partido, con molestias nunha man. O home dos 44 puntos sería unha baixa demasiado sensible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade