Cargando resultados...
Un desafortunado Breogán cae sen opcións ante o Gran Canaria
Ao descanso perdía por un contundente 18-39 nun partido que rematou cun claro 53-71
G24.gal
16/10/2022 14:46
O Breogán recibía no Pazo o Gran Canaria e foi moi inferior ao longo dos corenta minutos. Os de Mrsic foron a remolque en moitos momentos da primeira metade en que os canarios controlaron os anotadores breoganistas, que entraron no derradeiro cuarto 20 puntos abaixo.
Porén, o partido quedou practicamente decidido no segundo cuarto, en que o Breogán estivo máis de seis minutos sen anotar. De feito, foron ao intermedio con só 18 puntos e sen ningunha canastra tripla. A súa porcentaxe desde o perímetro foi dun 10 por cento, tres acertos en 29 intentos. Foi o peor partido do Río Breogán en moito tempo.