Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Bribón volve gañar o Mundial de 6 Metros, sen o rei Xoán Carlos a bordo polo estado do mar

O Bribón volve gañar o Mundial de 6 Metros, sen o rei Xoán Carlos a bordo polo estado do mar

A competición desenvolveuse en augas da Illa de Wight, no Reino Unido

O ex-xefe de Estado seguiu as regatas desde unha lancha

O Bribón no campo de regatas (EFE/Sailings Shots/María Muiña) O Bribón no campo de regatas (EFE/Sailings Shots/María Muiña)
G24.gal 08/09/2023 11:55

O Bribón, do Real Club Náutico de Sanxenxo, logrou o seu terceiro título mundial da Clase 6 Metros ao impoñerse na división de Clásicos do Campionato do Mundo 2023 que este xoves acabou en augas de Cowes, na Illa de Wight, no Reino Unido.

Fíxose co título mundial sen que o rei Xoán Carlos chegase a subir a bordo para as regatas. E iso que chegou esta semana a Cowes dicindo: "Se vin ata aquí é para gañar".

As difíciles condicións do campo de regatas fixeron que o ex-xefe do Estado español non participase da competición e seguise cada xornada desde unha lancha.

Así, o Bribón competiu con Pedro Campos como xefe de equipo e dous temoneiros de máximo nivel como o campión olímpico cántabro Jane Abascal e o dobre medallista olímpico canadense Ross MacDonald, xunto ao proa vigués Alberto Vello e o trimmer coruñés Roi Alvárez, habituais entre a tripulación do rei Xoán Carlos, a que se incorporou ao navegante transoceánico hispano-británico Simon Fisher como estratego e coñecedor das augas de Cowes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade