Cargando resultados...
O buque Cantabria regresa a Ferrol tras dous meses nunha misión da OTAN no Mediterráneo
O buque Cantabria regresa a Ferrol tras dous meses nunha misión da OTAN no Mediterráneo
En dez días o buque ponse rumbo a Cádiz
G24.gal
11/10/2021 13:30
O buque Cantabria da Armada Española regresou hoxe á súa base de Ferrol despois de dous meses nunha misión da OTAN no Mediterráneo. O amarre durará pouco tempo. En dez días o buque ponse rumbo a Cádiz.
Despois de case dous duros meses de traballo, a dotación do Cantabria volve á casa cos deberes cumpridos. O Cantabria é un buque de aprovisionamento en combate que subministra víveres e combustible a outras unidades da frota. Un apoio aos despregamentos da OTAN que non se viron interrompidos durante a pandemia.
A dotación do Cantabria terá un pequeno descanso de dez días antes de volver ao mar para un novo adestramento no golfo de Cádiz.