Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Burela non dá opción ao Poio no derbi galego (1-5)

O Burela non dá opción ao Poio no derbi galego (1-5)

As locais puxéronse por diante ao comezo de partido, pero a vantaxe duroulles moi pouco

Destacou Irene Samper, con dous goles

 

G24.gal 13/01/2024 20:56

O Burela venceu por 1 a 5 o derbi na casa do Poio, nun partido onde o líder demostrou unha gran superioridade.

A primeira metade foi frenética e contou cun gran número de goles e ocasións. No primeiro minuto, o Poio adiantouse no marcador por mediación de Laura Uña. Aínda que foi un espellismo, pois o Burela asediou tras isto a porta local e conseguiu axiña o empate nas botas de Irene Samper. Ca igualdade o guión no variou e as visitantes puxeron terra de por medio cos goles de Dany primeiro, e Emily despois. 1 a 3 e descanso, aínda que a diferenza puido ser maior.

O segundo tempo comezou calmado, co conxunto local intentando recortar diferenzas, aínda que a gardarredes visitante fixo un gran traballo. Con todo, e pese aos intentos locais, foi Jozi quen anotou o cuarto dende a súa portería cando as locais xa tiraban a casa pola ventá. Tras este chegou o quinto, obra de novo de Irene Samper.

O Burela segue dirixindo a liga con man de ferro, mentres que o Poio continúa na metade da táboa con 24 puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade