Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Café Casino de Santiago, 150 anos de historia e tertulias

O Café Casino de Santiago, 150 anos de historia e tertulias

Naceu como sociedade de recreo privada e as mulleres só podían entrar cando había bailes

Abriu ao público en 2002 reconvertido en café

G24.gal 22/11/2024 20:59

Hai lugares que poden conseguir que nos deteñamos pola rúa. Iso sucede ante o número 35 da compostelá rúa do Vilar. Falamos do único establecemento galego que forma parte da Ruta de Cafés Históricos Europeos. 

Polos sofás deste salón pasaron Otero Pedrayo, Valle-Inclán e Castelao. O local comezara a súa andaina en 1873 como lugar de recreo da aristocracia e a alta burguesía. E no mes de abril do ano 2002 abre ao público reconvertido en café. Estivera a piques de desaparecer.

Hoxe aínda conserva o aspecto de hai máis dun século e o costume dos faladoiros. E segue vendo os anos correr, mentres os viandantes continúan parando para se asomaren ao interior. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade