Publicador de contidos
Publicador de contidos

O calendario da campaña da renda comeza o 6 de abril na súa modalidade web

O calendario da campaña da renda comeza o 6 de abril na súa modalidade web

O 5 de maio estará dispoñible a modalidade telefónica

A partir do 1 de xuño comezará a atención presencial na Axencia Tributaria

O fin de prazo estipúlase no 30 de xuño

G24.gal 12/01/2022 21:44

O 6 de abril comezará a campaña da renda 2021, que rematará o 30 de xuño. Case tres meses cun calendario gradual para as distintas modalidades de declaración: telemática, telefónica e presencial. Ao tempo, coñecemos as deducións para as declaracións de 2023, dirixidas a mellorar a eficiencia enerxética dos fogares.

O calendario da campaña da renda 2021 arrinca o 6 de abril, data de inicio para presentar as declaracións por Internet. Ao mes seguinte, a partir do 5 de maio estará dispoñible a modalidade telefónica ata o final da campaña, o 30 de xuño.

E o primeiro de xuño é o inicio da atención presencial nas oficinas da Axencia Tributaria durante todo o mes. O 27 marca a fin do prazo para as declaracións con devolución mediante domiciliación bancaria. E, finalmente, o 30 deste mes remata a campaña para todas as modalidades.  

Á hora de tramitala, cómpre ter en conta os cambios introducidos no exercicio de 2021, como dous tramos novos: "Bases impoñibles de máis de 300.000 euros, que pasa a ser o 47 %, e temos un tramo para bases de aforro que pasa ao 26 % pero despois de 200.000 euros; o plan de pensións que viñamos dunhas cantidades superiores báixanos a dous mil euros e os plans de pensión conxuntos que son empresa e traballador que eran 8 mil e aumentaron a dez mil euros. E os ERTES hai que seguir declarándoos este ano", asegura Pablo Arufe Espiña, administrador.

A Facenda ten tres novidades tributarias para 2023, que son deducións entre un 20 e un 60 %. "Por mellorar o consumo de enerxía podemos deducir o 40 por cento, outra para obras de rehabilitación enerxética, con que podemos deducir o 60 %, e outra onde se reduza a demanda de calefacción ou refrixeración, aí danos o 20 %", afirma Arufe.

Cómpre lembrar que desde xullo de 2021 os contribuíntes están obrigados a informar de calquera operación con criptomoedas e do montante de que dispoñen.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade