Publicador de contidos
Publicador de contidos

O cambio climático está agravando as alerxias causadas por axentes medioambientais

O cambio climático está agravando as alerxias causadas por axentes medioambientais

1.600 especialistas participan estes días en Santiago no XXXIV Congreso da SEAIC

Revisarán os avances en investigación molecular e tratamentos personalizados 

En Galicia o 80 % das alerxias débense aos ácaros do po

G24.gal 25/10/2023 15:11 Última actualización 25/10/2023 16:21

Coincidindo co seu 75 aniversario, a Sociedade Española de Alergoloxía e Inmunoloxía convoca estes días en Santiago aos especialistas destas áreas para revisar os avances e os retos, entre eles os relacionados co quecemento global e cambio climático. "Iso repercute nas plantas que nos arrodean e aumenta a duración da polinización e tamén a súa intensidade, co cal teñen unha sintomatoloxía máis intensa", explica Ignacio Dávila, presidente da SEAIC.

Isto pódese ver máis agravado pola hipersensibilización que provoca en moitos pacientes a contaminación dos hidrocarburos, en especial o gasóleo. Por fortuna, os adiantos na investigación están logrando que os afectados por calquera factor alérxico teñen cada vez máis e mellores sistemas de detección e control. "Somos capaces de que, se o paciente ten unha sensibilización a un alérxeno determinado, administrarlle precisamente esa molécula; é case á carta", recalca Dávila.

Estes avances, en Galicia favorecerán sobre todo aos alérxicos aos ácaros do po, que seguen sendo o 80 % dos pacientes das consultas de alergoloxía galegas, debido ao clima, "porque precisan da humidade para medrar e nas nosas vivendas hai moita humidade", explica Carmen Vidal, a responsable do Servizo de Alergoloxía do CHUS, que este ano celebra o trinta aniversario da súa apertura.

Os máis de 1.600 especialistas inscritos neste congreso compartirán tamén os avances nos tratamentos de tolerancia ou de desensibilización, imprescindibles, por exemplo, cando un paciente se volve alérxico a un medicamento que non pode deixar de tomar para tratar outras doenzas graves que padece.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade