Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Camiño Portugués pola costa xa é o segundo que máis medra

O Camiño Portugués pola costa xa é o segundo que máis medra

O ano pasado percorrérono 32.000 persoas, un 85 % estranxeiros

G24.gal 30/06/2024 13:21

Un grupo de duascentas persoas percorreu este domingo o treito vigués do camiño de Santiago portugués pola costa, un dos dous que máis está a medrar. O ano pasado foron 32.000 persoas as que o fixeron e no que vai de ano xa foron 20.000 polo que prevén que a cifra se vai superar.

O 85% son estranxeiros que fan un gasto medio diario de 150 euros.

Seguen funcionando todas as rutas, no que vai de ano xa 200.000 persoas chegaron a Compostela en peregrinaxe desde diversos lugares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade