Cargando resultados...
O Cangas asoballa ao Antequera cun David Iglesias imparable
G24.gal
21/11/2021 12:28
O cabeiro non tivo ningunha opción diante dun Frigoríficos do Morrazo que pasou asoballante pola pista andaluza.
A defensa e Javi Diaz na portería contiveron ao rival de inicio, que tardou oito minutos en marcar o seu primeiro gol. Aí, o Cangas xa obtivo unha vantaxe, que foi ampliando paseniñamente. Do 0-4 inicial, ao 3-10 e de aí ao 16-25 xa no segundo tempo. Os últimos minutos xa sobraron, cun Cangas concentrado que foi capaz de manter ata o final esa vantaxe de nove tantos.
David Iglesias resultou imparable con 9 goles. Marcou en 9 dos seus 11 lanzamentos a portería. Estivo ben apoiado polo portugués Monteiro, autor de cinco tantos. O Frigoríficos segue completanto unha magnífica temporada. É o sexto na clasificación.