Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Cangas comeza a temporada en Valladolid na procura dun ano tranquilo

O Cangas comeza a temporada en Valladolid na procura dun ano tranquilo

É o sexto proxecto liderado por Nacho Moyano, que non poderá contar co pivote exipcio Omar Sherif

G24.gal 13/09/2024 13:58 Última actualización 13/09/2024 14:04

A pretemporada máis longa que se lembra en anos acabouse e agora empeza o importante. A trixésimo quinta edición da liga Asobal levanta hoxe o pano co Frigoríficos do Morrazo-Construcións Castro e o Recolectas Valladolid como protagonistas.

O partido inaugural da competición disputarase no pavillón valisoletano a partir das 20:00 horas, e o Cangas busca estrearse cunha vitoria. Sería unha estrea dobre porque desde a desaparición do antigo Balonmán Valladolid, no ano 2014, e a refundación no actual Atlético Valladolid, os cangueses nunca gañaron en Huerta del Rey. Oito visitas con seis derrotas e dous empates. 

Comeza o sexto proxecto liderado por Nacho Moyano, que non poderá contar co pivote exipcio Omar Sherif, a súa fichaxe estrela para a tempada 2024-25.

O ex-xogador do Blendio Sinfín chegou onte a Cangas, pero aínda tardará un par de semanas en unirse ao grupo por unha lesión no pé sufrida este verán no seu país. O capitán Juan Quintas e o seu compatriota Mohammed Essam serán as armas do Frigoríficos nos seis metros durante a súa ausencia.

Arón Díaz: "Hai equipo de sobra para manter tranquilamente a categoría".

Rubén Río: "Ser moitos galegos (11) axuda para facer vestiario".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade