Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Cangas rescata un punto sobre a bucina diante do Granollers (32-32)

O Cangas rescata un punto sobre a bucina diante do Granollers (32-32)

O Frigoríficos do Morrazo perdía por cinco goles a dez minutos do final e diante dun dos galos da categoría

G24.gal 08/03/2024 22:02

O Cangas Frigoríficos do Morrazo rescatou un punto que o mantén afastado dos postos de descenso directo diante dun dos galos da categoría, o Granollers que chegaba como o terceiro clasificado. Empate final (32-32) nun partido que estivo moi costa arriba a dez minutos do remate. 

Comezou ben o encontro o Cangas (6-4) pero o Granollers reaccionou e colleu o mando do partido. Ao descanso ía dous arriba (15-17) grazas ao tino do internacional Antonio García (6 goles). Polos galegos o máis acertado era Brais González (5 goles). 

Na segunda parte o Frigoríficos conseguiu igualar o choque (20-20) pero os cataláns sacaron a relucir a súa calidade e foron facendo unha fenda que chegou a ser de cinco tantos (24-29) a dez minutos do final. Parecía todo perdido pero o Cangas tirou de corazón e igualou a 31-31 a un minuto do final. Estaba en inferioridade o conxunto local cando recibiu o gol de Yusuf a 40 segundos. Quedaba unha xogada e Brais González apareceu para acertar marcando o único gol que fixo no segundo tempo no intre decisivo, a 4 segundos do final. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade