O Cantabria integrarase na frota permanente da OTAN no Mediterráneo
O Cantabria integrarase na frota permanente da OTAN no Mediterráneo
O buque partiu da súa base Ferrol e completará a súa dotación en Rota cun operativo especial de Infantería
Últimos preparativos antes de poñer rumbo a augas do Mediterráneo. A dotación do Cantabria preparouse a fondo para esta nova misión internacional. Trátase un buque de aprovisionamento en combate que se encarga do apoio loxístico á frota.
Nesta ocasión ao continxente da OTAN despregado no Mediterráneo nun momento de máxima esixencia tendo o conta o nivel de alerta internacional pola situación en Ucraína. Serán dous meses de traballo, ata finais de xuño, nesta despregadura da que tamén forma parte a fragata Blas de Lezo.
As familias despiden os seus con preocupación. O Cantabria completará a dotación en Rota coa incorporación dun grupo operativo especial de Infantería da Mariña e un helicóptero. Non está previsto desprazarase ata o mar Negro, pero será a OTAN a que determine posibles cambios se varía a situación internacional.